Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción de varias instalacións eléctricas nos concellos de Rubiá e Viana do Bolo (expediente IN407A 2018/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.U.

Domicilio social: Ribera del Loira, 60, 28401 Madrid.

Denominación: adecuación ao Real decreto 1432/2008 (protección avifauna) das liñas de AT de Endesa Distribución na provincia de Ourense.

Situación: concellos de Rubiá e Viana do Bolo.

Características técnicas:

– LMT San Sebastián-Poblado. Reforma integral da LMT en aéreo DC, a 15 kV, de 353 m de lonxitude con condutor LA 56; ten a súa orixe na subestación San Sebastián e o seu remate no CT do Poblado de San Sebastián, co mesmo trazado que a instalación actual e instalación de 5 novos apoios de celosía con perfís metálicos.

– LMT, 15 kV, San Sebastián-Presa Pías. Reforma mediante substitución ou desprazamento vertical de crucetas, e cambio do illamento e forrado de elementos da LMT.

– LAT, 50 kV, San Sebastián-Porto. Substitución das cadeas de illamento de amarre de porcelana por outras de vidro, con cambio de ferraxes e outros elementos necesarios, mantendo o condutor e os apoios.

– LMT, 33 kV, Cornatel-Quereño. Cambio do illamento nas cadeas de amarre dos apoios e forrado de diversos elementos, así como substitución do apoio nº 133 bis.

– LMT, 33 kV, Quereño-Poblado. Cambio de illamento nas cadeas de amarre e forrado de diversos elementos en 5 apoios da LMT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1- 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 8 de maio de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense