Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32487

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro do acordo da comisión paritaria do VI Convenio colectivo autonómico da asociación Aldeas Infantiles SOS Galicia polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2018.

Visto o acordo da comisión paritaria do VI convenio colectivo autonómico da asociación Aldeas Infantiles SOS Galicia (código 82100112012018), polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2018, que se subscribiu entre a representación empresarial e a representación dos traballadores, na xuntanza celebrada o 13 de abril de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Reúnese en Vigo na sede da organización ás 10.00 horas, a mesa paritaria do VI Convenio colectivo da asociación Aldeas Infantiles SOS Galicia.

Asisten:

– Por parte dos traballadores:

• En calidade de titulares:

Rosa Mª Rivas Bouzón, Isabel Barrientos Álvarez, Marina Alonso García, Yolanda Gómez López e Concepción Rodríguez Rodríguez.

• En calidade de asesores:

Xosé Saiáns Torrado e Manuel Lage Alonso.

– Por parte da empresa:

• En calidade de titular:

María Jesús González Lorenzo.

• En calidad de asesora:

Miriam Blázquez Astorga.

Asúmense os seguintes acordos:

I. Aplicar un incremento con data para efectos do 1 de xaneiro de 2018 consistente no 2 % sobre todo os conceptos retributivos incluídos nas táboas de 2017 do Convenio colectivo de Aldeas Infantiles SOS Galicia.

II. No caso de que o índice de prezos ao consumo de 2018 supere ese 2 % ambas as dúas partes comprométense a negociar un incremento adicional para o citado ano.

III. Aldeas Infantiles SOS Galicia pon de manifesto o seu compromiso de garantir como retribución bruta mínima para todos os conceptos para os contratos a xornada completa a cantidade de 1.231,28 euros mensuais (a dita contía é minorada proporcionalmente no caso de contratos a tempo parcial). Queda fóra deste beneficio a categoría de auxiliar de oficios e o persoal da rede de captación.

IV. Facúltase a Miriam Blázquez co fin de que inicie todos os trámites necesarios para a publicación das táboas actualizadas, así como calquera outro trámite administrativo de carácter preceptivo.

Táboa salarial 2018

PERSOAL DIRECTIVO

Salario base

Adicación especial

A. continuada

Total

Director/a de Área/Territorial

2.342,19

219,83

 

2.562,02

Director/a de Departamento

2.154,28

219,83

 

2.374,11

Director/a de Aldea Infantil e Residencia de Mozos

1.649,34

219,83

460,99

2.330,16

Director/a de Escola de Formación

2.056,92

219,83

 

2.276,76

Director/a de Centro Primeira Acollida e Valoración

2.056,92

219,83

 

2.276,76

Director/a de programa

1.755,79

219,83

 

1.975,62

Axudante de dirección

1.755,79

219,83

 

1.975,62

PERSOAL EDUCATIVO

• SUBGRUPO 1

Salario base

Adicación especial

Complemento de coordinación

P. Comunal

Turnicidade

Total

Educador/a permanente/coordinadora/a

1.155,90

214,05

461,295

 

 

1.831,25

Educador/a de Comunal

1.155,90

214,05

 

230,65

 

1.600,61

Educador/a de aldea

1.155,90

214,05

 

 

81,46

1.451,41

Educador/a de residencia

1.155,90

214,05

 

 

81,46

1.451,41

Educador/a de Centro de Primeira Acollida e Valoración

1.155,90

214,05

 

 

81,46

1.451,41

Educador de programa

1.155,90

241,43

 

 

 

1.397,33

Educador/a responable de Fogar funcional

1.155,90

241,43

 

 

 

1.397,33

Educador de CEI

1.194,67

 

 

 

 

1.194,67

• SUBGRUPO 2

Salario base

Total

Auxiliar educativo (coidador/a)

1.087,15

1.087,15

Mestre/a de apoio

1.242,77

1.242,77

Monitor de obradoiro

1.087,15

1.087,15

PERSOAL TÉCNICO

Salario base

Total

Tecnico de área

1.541,86

1.541,86

Tecnico de programa

1.541,86

1.541,86

Tecnico de formación

1.497,81

1.497,81

Psicologo/a

1.607,02

1.607,02

Pedagogo/a

1.607,02

1.607,02

Traballador/a social

1.455,59

1.455,59

Logopeda

1.242,77

1.242,77

Terapeuta

1.607,02

1.607,02

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

• SUBGRUPO 1

Salario base

Total

Xefe administrativo/a

1.286,33

1.286,33

Oficial administrativo/a

1.215,84

1.215,84

Auxiliar administrativo/a

1.087,15

1.087,15

Recepcionista

1.087,15

1.087,15

Teleoperador/a

1.087,15

1.087,15

• SUBGRUPO 2

Salario base

Total

Chofer/mantedor

1.154,18

1.154,18

Cociñeiro/a

1.087,15

1.087,15

Empregado/a do servizo de limpeza

1.087,15

1.087,15

Auxiliar de oficios

SMI

SMI