Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32484

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 26 de xuño de 2018 pola que se amplía a dotación económica da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro).

Mediante a Orde do 21 de decembro de 2017 reguláronse os criterios de repartición e establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 9, do 12 de xaneiro).

Esta orde tramitouse como expediente anticipado de gasto de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de outubro de 2017, en que se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

A distribución inicial do Fondo de Compensación Ambiental para 2018 destina un total de 1.307.578,42 € ao financiamento da liña de subvencións en concorrencia competitiva. A orde reguladora tamén prevé a posibilidade de ampliación de crédito de se producir un incremento da recadación efectiva do canon eólico, por incorporacións de saldos de crédito do orzamento 2017, ou en calquera dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

De conformidade cos devanditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Tendo en conta a maior dispoñibilidade nas aplicacións orzamentarias que financian o Fondo de Compensación Ambiental, procedente dunha incorporación de crédito do exercicio 2017 e dunha adscrición de crédito derivada do incremento da recadación efectiva do canon eólico, considérase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada para a liña en concorrencia competitiva a través do suposto previsto no artigo 2.1.a) da Orde do 21 de decembro de 2017 e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas.

Esta ampliación da dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións garante o cumprimento da normativa de aplicación ao canon eólico como ingreso afectado que debe xestionarse a través do Fondo de Compensación Ambiental e a execución do mandato legal de aplicar os ingresos derivados do canon eólico á finalidade determinada na orde anual distribuidora do Fondo, segundo determina o artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (DOG núm. 252, do 29 de decembro).

A ampliación da consignación orzamentaria será de 747.269,37 €. Queda establecida en 2.054.847,79 € a contía máxima das subvencións que se concedan, de acordo coa distribución seguinte:

Aplicación

Proxecto

Inicial

Incremento

Total

05.23.141A.461.0

2015 00167

778.789,21

155.587,35

934.376,56

05.23.141A.761.0

2015 00167

528.789,21

591.682,02

1.120.471,23

Suma

1.307.578,42

747.269,37

2.054.847,79

En consecuencia co exposto, de acordo coa Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e co disposto na Orde do 21 de decembro de 2017 xa citada,

DISPOÑO:

Artigo 1

1. Amplíase a dotación orzamentaria da liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, que se establece no artigo 2.1.a) e no artigo 13 da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.

2. O incremento da dotación será de 155.587,35 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e de 591.682,02 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

A contía máxima das subvencións que se concedan na liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018 queda así establecida en 2.054.847,79 €, coa seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Total

05.23.141A.461.0

2015 00167

934.376,56

05.23.141A.761.0

2015 00167

1.120.471,23

Suma

2.054.847,79

3. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 19.6 da Orde do 21 de decembro de 2017 para a presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza