Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a varios propietarios da concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña) da toma de posesión provisional dos predios de sustitución da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e despois de intentada dúas veces a notificación persoal da toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña), ponse en coñecemento dos propietarios que se relacionan no anexo, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), o texto da notificación.

O prazo para a presentación das reclamacións por superficie comezarase a contar, para os interesados que se mencionan no anexo, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

O texto da devandita notificación é o seguinte:

«En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, notifícolle que o director xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar, con data do 21 de maio de 2018, a toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Cores-Nemeño (Ponteseso-A Coruña), en que figura vostede como propietario.

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 21 de maio de 2018.

2. Para os restantes terreos, no momento en que, segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.

Importante: a data límite para a retirada das arbores é o día 21 de novembro de 2018. Debe contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de especies autóctonas protexidas.

No prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao recepción da presente notificación, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios a vostede atribuídos, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no antedito artigo 37.

As persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a eles para proceder, no prazo dos dous meses arriba sinalado, á súa medición a eles.

Debe terse en conta que:

1. A falta de superficie dun predio non será compensado cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario, e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

2. A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

3. Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto desta coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.

4. Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerada unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

5. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/s persoa/s que a impidan.

6. Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos están accesibles na internet na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions».

A Coruña, 21 de xuño de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

– Interesados:

Amado García, Fernando

Antelo Ordóñez, Ramiro

Baneira Santos, Matilde

Blanco Muñiz, Benardo José Manuel

Blanco Novo, Manuel

Cambón Souto, Teresa

Carneiro Pose, Joaquín

Carneiro Veiga, Francisco

Carrillo Pampín, Emilio

Carrillo Pampín, Genaro

Castro Beres, Benedicta

Castro Eiroa, Julio Martín

Castro García, Mercedes

Castro Pardiñas, Clarisa

Castro Varela, Luis

Castro Varela, Luis

Castro Veres, Sara

Cotelo Garrido, Alicia

Cotelo Garrido, José Manuel

Cotelo Garrido, María del Carmen

Cotelo Montans, Carmen

Cotelo Pose, Isaac Ernesto

Cotelo Vázquez, Herminia

Cousillas Collazo, Emilio

Cousillas Couto, Francisco

Cousillas Veiga, Carmen

Duarte Gontad, Joaquín

García Castro, José

García Castro, José

García Castro, José

García Cousillas, Alejandro

García Souto, María Teresa

Gontad García, Juan Antonio

Gontad García, Juan Antonio

González Lema, Teresa

González Pose, Manuel

González Varela, Marcelino

Lema Garrido, Manuel

Lema Pose, Sara

López Vilaboa, Delfina

Martínez Andrade, Maximino

Novo Castro, José Luis

Oreiro Pet, Modesto

Pampín Castro, José Luis

Pampín Suárez, Florinda

Pérez Figueroa, María

Pérez Varela, Juan José

Pet Posse, Ernesto

Pet Posse, María Natalia

Rama Martínez, José Manuel

Rioboo Pastoriza, Manuel

Soliño Lago, Alfonso

Souto González, Mª del Carmen

Tojeiro Doldan, Juan Manuel

Valcárcel Madarro, Jesús

Varela Blanco, Manuel

Varela García, Genara

Varela García, Jenara

Varela Veiga, Dolores

Veiga Varela, Teresa