Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 22 de xuño de 2018 pola que se denega o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 471 do polígono 15, do termo municipal de Melide.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña denegou, mediante a Resolución do 22 de xuño de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 471 do polígono 15, do termo municipal de Melide. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 21.5.2018, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 107, do 6 de xuño.

A Coruña, 22 de xuño de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña