Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 5 de marzo de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 12636, no artigo 15.4, onde di:
«Non se poderá modificar o máster en que se matriculasen, coa excepción do suposto previsto no artigo 18. 2 desta resolución».
Debe dicir:
«Non se poderá modificar o máster en que se matriculasen, coa excepción do suposto previsto no artigo 19. 2 desta resolución».
Na páxina 12638, no artigo 19.2, onde di:
«As persoas beneficiarias destas bolsas poderán solicitar a modificación da resolución de concesión e cambiar o máster para o cal se lles concedeu a bolsa, sempre que teña o mesmo número de créditos que o concedido e unicamente no caso dos seguintes másteres da Universidade de Santiago de Compostela, que teñen criterios de selección específicos e nos cales a súa admisión e prazo de matrícula na convocatoria ordinaria se pode atrasar ata o mes de setembro: máster en Acuicultura, máster en Investigación Biomédica, máster en Dirección e Xestión Contable e Financeira, máster en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social e máster en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data».
Debe dicir:
«As persoas beneficiarias destas bolsas poderán solicitar a modificación da resolución de concesión e cambiar o máster para o cal se lles concedeu a bolsa, sempre que teña o mesmo número de créditos que o concedido e unicamente no caso dos seguintes másteres da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, que teñen criterios de selección específicos e nos cales a súa admisión e prazo de matrícula na convocatoria ordinaria se pode atrasar ata o mes de setembro: máster en Acuicultura, máster en Investigación Biomédica, máster en Dirección e Xestión Contable e Financeira, máster en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social, máster en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data e máster de Dirección de Arte en Publicidade».
Na páxina 12646, no ANEXO I, onde di:
Denominación do máster |
Universidade onde se imparte |
Número de créditos |
||
Universidade da Coruña |
Universidade de Santiago de Compostela |
Universidade de Vigo |
||
Campus |
Campus |
Campus |
||
Ciencias Sociais e Xurídicas |
||||
Socioloxía Aplicada: Investigación Social de Mercados |
A Coruña |
60 |
Debe dicir:
Denominación do máster |
Universidade onde se imparte |
Número de créditos ECTS |
||
Universidade da Coruña UDC |
Universidade de Santiago de Compostela USC |
Universidade de Vigo UVIGO |
||
Campus |
Campus |
Campus |
||
Ciencias Sociais e Xurídicas |
||||
Socioloxía Aplicada: Investigación Social de Mercados |
A Coruña |
90 |