Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32672

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2018/19.

BDNS (identif.): 406592.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que se establecen nos artigos 4 e 5 das bases reguladoras e fixesen, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para o curso 2018/19.

Segundo. Obxecto

O establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2018/19 (código de procedemento TU200A).

Clases e contías das bolsas:

1. As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, establécense dúas modalidades:

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

3. Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, distribuiranse nos seguintes grupos:

a) Seis (6) bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

b) Doce (12) bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

c) Tres (3) bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2018/19.

Cuarto. Importe

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Aboamento e xustificación

A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a que lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.

Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, a persoa beneficiaria poderá aplicar o desconto correspondente sobre o prezo da matrícula segundo o tipo de bolsa que lle foi concedido.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia