Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 28 de xuño de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 30 de maio de 2018, ditada no expediente sancionador AC-065/18, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona, a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince (15) días, conforme co establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 28 de xuño de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 9.5.2018)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I

ANEXO

Expediente: AC-065/18.

Denunciada: Infogali 21, S.L.

NIF: B70484340.

Establecemento: Newroz Döner Kebap.

Enderezo: rúa Dolores, 2.

Localidade: Ferrol.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Incoación: 30 de maio de 2017.

Sanción:

Multa de mil cen euros (1.100 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: oitos centos oitenta euros (880 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: seis centos sesenta euros (660 €).