Intentada a notificación da comunicación do inicio do procedemento sancionador ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselles saber que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formular por escrito as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego Ourense A Ponte, sita na rúa San Francisco Blanco, 2 baixo de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Advírtense os interesados que, se transcorrido o devandito prazo non presenta a alegación en tempo e forma, a Xefatura Territorial de Ourense ditará a correspondente resolución que dispón dun prazo de seis meses, desde a data deste acordo, para notificarlle a resolución pertinente.
Ourense, 29 de xuño de 2018
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: 10807201F/31/05/2018/2.1.E.
Nome: Juan Manuel Guerra Freitas.
Concello: Barbadás (Ourense).
Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.
Contido da comunicación: comunicación, por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.