Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 29 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente 44484162T/27/04/2018/2.1.E).

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego Ourense A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, 2 baixo de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírtense os interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 29 de xuño de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 44484162T/27/04/2018/2.1.E.

Nome: Sonia Grande Fernández.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: segunda infracción por non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impor a Sonia Grande Fernández, con NIE/NIF 44484162T, a sanción de perda de tres meses da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.