Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33142

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 27 de xuño de 2018 pola que se determinan as distincións e recompensas que se concederán ao persoal dos corpos de policía local durante o ano 2018.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia poden ser distinguidos ou recompensados de acordo co que se determine regulamentariamente.

Consonte con esta previsión, o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a citada lei, establece no seu artigo 98 que a consellería competente en materia de seguridade concederá mediante orde a placa colectiva e a placa individual, así como a medalla ao mérito da policía local.

De acordo co anterior a unidade directiva competente en materia de coordinación estudou as propostas achegadas, seguindo o procedemento que establece o artigo 99 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión destas distincións. As propostas feitas pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, como unidade directiva competente en materia de coordinación, foron amplamente documentadas, informadas e avaliadas pola Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia e sometidas á resolución e ditame desta vicepresidencia e consellería.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas polo artigo 98 e pola disposición derradeira primeira do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, antes citado, por proposta da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, e logo do informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia, na súa sesión do 25 de xuño de 2018, ao abeiro do disposto no artigo 17.1.a) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais

DISPOÑO:

Artigo único

1. Aprobar, de acordo co previsto no artigo 99.5 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, a relación de persoas propostas como candidatas á placa e á medalla ao mérito da Policía local, ás cales se lles outorgan estas distincións.

2. Publicar esta relación nos anexos a esta orde:

Anexo I. Concesión da placa ao mérito da Policía local.

Anexo II. Concesión da medalla ao mérito da Policía local.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Concesión da placa individual ao mérito da Policía local a José Luis Garea Vales, policía local do Concello de Carballo, falecido en acto de servizo.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da placa individual ao mérito da Policía local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 25 de xuño de 2018, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta vicepresidencia e consellería resolveu conceder a placa individual ao mérito da policía local a José Luis Garea Vales, policía do Corpo de Policía Local do Concello de Carballo, falecido en acto de servizo, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, cualidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 89 e 91, do Decreto 243/23008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

De acordo co previsto nos artigos 101 e 102 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, esta concesión acreditarase mediante o correspondente diploma e constará no rexistro de distincións e no Rexistro das Policías Locais de Galicia, dándolle conta ao concello de pertenza para constancia no seu expediente persoal.

ANEXO II

1. Concesión da medalla ao mérito da Policía local a Carlos Pérez Vázquez,
policía do Corpo de Policía Local do Concello de Ourense.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da medalla ao mérito da Policía local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 25 de xuño de 2018, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta vicepresidencia e consellería resolveu conceder a medalla ao mérito da policía local a Carlos Pérez Vázquez, policía do Corpo de Policía Local do Concello de Ourense, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, cualidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92, do Decreto 243/23008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

De acordo co previsto nos artigos 101 e 102 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, esta concesión acreditarase mediante o correspondente diploma e constará no rexistro de distincións e no Rexistro das Policías Locais de Galicia, dándolle conta ao concello de pertenza para constancia no seu expediente persoal.

2. Concesión da Medalla ao mérito da Policía local a Juan Castro Delgado, policía do Corpo de Policía Local do Concello de Vigo.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da medalla ao mérito da Policía local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 25 de xuño de 2018, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta vicepresidencia e consellería resolveu conceder a medalla ao mérito da policía local a Juan Castro Delgado, policía do Corpo de Policía Local do Concello de Vigo, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, cualidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92, do Decreto 243/23008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

De acordo co previsto nos artigos 101 e 102 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, esta concesión acreditarase mediante o correspondente diploma e constará no rexistro de distincións e no Rexistro das Policías Locais de Galicia, dándolle conta ao concello de pertenza para constancia no seu expediente persoal.