Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33170

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Advertido erro no Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 29487, no artigo 25, punto 8, parágrafo segundo, onde di: « ..., sendo obrigatorio constituir unha garantía que deberá cubrir o 11 %...», debe dicir: «..., sendo obrigatorio constituír unha garantía que deberá cubrir o 110 %...».