Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 410/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 410/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Rey Blanco contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Confecciones Deus e Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible-admón. concursal, administración concursal de Costura Invisible, S.L., Gaviota Textil, administración concursal Gaviota Textil, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por María Ángeles Rey Blanco contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. y Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., e administración concursal de Shivshi, S.L., en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto en data do 20 de marzo de 2017, pola súa empregadora Confecciones Deus, S.L. e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a María Ángeles Rey Blanco, no día de hoxe 16 de febreiro de 2018, coa entidade Confecciones Deus, S.L., e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. y Nuevo Siglo Textiles, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 9.175,51 euros, así como por salarios de tramitación a razón de 11.551,77 euros.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por María Ángeles Rey Blanco fronte á entidade Gaviota Textil XXI, S.L., así como a súa administración concursal, e a entidade Confecciones Ideal, S.L. e a súa administración concursal, ás cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo sinalar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), e acreditar mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

E para que sirva de notificación en legal forma a Puntada Elaborada, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI e administracións concursais de Costura Invisible e Gaviota Textil, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza