Estase tramitando unha concesión administrativa a favor de Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L. para a explotación de instalacións de subministración de combustible existentes, no dominio público portuario de Muxía, con base no plano das instalacións que ocupan un total de 187,86 m2, ademais dun plano da confrontación, o que inclúe todas as instalacións da concesión en trámite.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 13 de abril de 2018
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro


