En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:
* Pantaláns e dragaxe da dársena pesqueira no porto de Foz (Lugo).
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Portos de Galicia.
b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.
c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.
d) Clave do expediente: 7/2017/CNTOB.
e) Enderezo de internet do perfil de contratante:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=179598
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: administrativo de obra.
b) Descrición do obxecto: pantaláns e dragaxe da dársena pesqueira no porto de Foz.
c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 134.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de xullo de 2017.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).
4. Valor estimado do contrato.
514.017,02 euros, IVE excluído.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 467.288,20 euros. Importe total: 565.418,72 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 7 de maio de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 23 de maio de 2018.
c) Contratista: UTE Amilibia-Omarsub.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 408.900,00 euros. Importe total: 494.769,00 euros.
f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia


