1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Universidade da Coruña.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Xestión Económica.
c) Número de expediente: 2018/1003.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: https://www.udc.gal/gl/contratacionadministrativa/.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: equipamento de medida de tamaño de partícula, propiedades superficiais, eléctricas, magnéticas e reolóxicas para a caracterización de sistemas fluídos e brandos baseados en nanopartículas. Analizador de medida de tamaños de partícula no rango nanométrico con medida de potencial Z (UNLC15-DE-3627).
Cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), concedido polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade + 20 % Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Programa operativo infraestructuras e equipamento científico-técnico 2015. Ref. Subprograma estatal 2015 de proxectos de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento (UNLC15-DE-3627).
c) Lote (de ser o caso): non.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 38400000-9.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.3.2018.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 33.750 euros.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 33.750,00 euros. Importe total: 40.837,50 euros.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 10.5.2018.
b) Data de formalización do contrato: 1.6.2018.
c) Contratista: Izasa Scientific, S.L.U.
d) Importe de adxudicación. Importe neto: 33.490,00 euros. Importe total: 40.522,90 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a maior puntuación, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 3 de xullo de 2018
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña


