Mediante este anuncio faise público que a Xunta de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:
Vista a proposta de nomeamento, do 9 de maio de 2018, do tribunal cualificador do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo, anunciado no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 227, do 3 de outubro de 2011, a favor de Mª del Pilar Ferreiro Villar.
Visto que no prazo fixado para o efecto a aspirante aprobada achegou a documentación requirida nas bases da convocatoria, e de conformidade con estas, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda:
Primeiro. Nomear a María del Pilar Ferreiro Villar, con DNI número 33544080-Y, funcionaria de carreira do Concello de Castroverde, coa categoría de auxiliar administrativa, encadrada na escala de Administración xeral.
Segundo. Notificarlle este acordo á funcionaria nomeada e comunicarlle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos deste concello.
Castroverde, 10 de xullo de 2018
Xosé Mª Arias Fernández
Alcalde


