Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade á formalización da contratación do servizo de coordinación tecnolóxica avanzada para a dinamización do Centro Demostrador TIC de Galicia (expediente AMT-2018-0025).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo:

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a realización do servizo de dinamización do Centro Demostrador TIC de Galicia, en diante CDTIC, para o apoio no deseño, organización, execución e evolución dos servizos prestados polo CDTIC ás empresas.

Con carácter xeral, este servizo comprende:

– Definición do marco estratéxico do CDTIC como instrumento da Axenda Dixital de Galicia 2020.

– Planificar, deseñar e desenvolver as actividades do CDTIC.

– Explotación do MapaTIC.gal, directorio de solucións e empresas TIC galegas.

– Deseñar e executar o plan de comunicación do CDTIC.

– Explotación do CDTIC virtual, plataforma na nube de aplicacións empresariais en software libre.

– Apoio e asesoramento á Amtega no deseño e evolución de iniciativas orientadas a promover a transformación dixital entre as pemes e fomentar o mercado TIC en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 24.1.2018.

DOUE: 17.1.2018.

BOE: 30.1.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 405.000,00 € (sen IVE).

5. Formalización:

Data de adxudicación: 19.4.2018.

Data de formalización: 31.5.2018.

Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

Importe de adxudicación: 114.739,20 €, máis o IVE do 21 % (24.095,23 €), o que supón un total de 138.834,43 €.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia