Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 18 de xuño de 2018, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública de varios bens e dereitos.

O día 31 de xullo de 2018, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descripción

Valor

Cargas

Tipo 1

Tramos

Lote 1. Único

Predio 5711. Tomo 462, libro 41, folio 87. Urbano. Local, sito na entreplanta do edificio da rúa Andrés López Palmeiro, da vila de Ferreira do Valadouro, cunha superficie aproximada de oitenta e sete metros cadrados e composto dunha nave corrida. Ref. catastral 6132001 PJ2263 S0002 SK. Titularidade: Abilio Manuel Albes Novo, 100 % do pleno dominio por título de compravenda.

33.686,40

Sen cargas

33.686,40

400,00

Lote 2. Único

Predio 23.681. Tomo 468, libro 216, folio 29. Urbano. Piso, segundo D no portal A do edificio sito na avenida Terra Chá, na vila de Vilalba. Ocupa a superficie útil aproximada de setenta e nove metros e noventa decímetros cadrados. Ref. catastral 8045904 PH0987 N00200PT. Correspóndenlle como anexos: un rocho en soto -1, sinalado co número T09; e unha praza de garaxe en soto -2, sinalada co número G21. Titularidade: Noemí María Arias Villamor, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

79.679,10

76.666,46

3.012,64

100,00

Lote 3.1

Predio 118.397. Tomo 1826, libro 1387, folio 63. Urbano. Predio sito en Lugo, avenida da Coruña, 379, Leira de Garabolos, que ocupa a superficie de trescentos trece metros e oitenta decímetros cadrados. Sobre esta leira existe a seguinte edificación destinada a vivenda que consta de planta baixa, cunha superficie de cento trinta e oito metros cadrados, e planta primeira e baixo cuberta que forman vivenda tipo dúplex coa superficie de douscentos corenta e oito metros cadrados. Ref. catastral 6750017 PH1665 S0001 WY. Titularidade: Chaos 7 Mas 7, S.L., pleno dominio por título de compravenda.

344.250,00

440.383,52

27.079,39

200,00

Lote 3.2

Predio 51.646. Tomo 1006, libro 567, folio 1. Urbano. Nave industrial na rúa dos Transportes, 3, no Polígono do Ceao, en Lugo. Consta dunha soa planta que ocupa a superficie de mil cen metros cadrados construídos. Ref. catastral 7171004 PH1677 S0001 WZ. Titularidade: Chaos 7 Mas 7, S.L., pleno dominio por título de compra.

525.931,56

1.239.909,02

48.150,43

400,00

Lote 3.3

Predio 34.136. Tomo 843, libro 423, folio 129. Urbano. Vivenda, letra L na segunda planta do edificio sito na rúa Miguel de Cervantes, 72, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de cento seis metros e dezasete metros cadrados. Titularidade: Chaos 7 Mas 7, S.L., pleno dominio por título de compravenda.

128.850,57

Sen cargas

128.850,57

1.000,00

Lote 4. Único

Predio 13.268. Tomo 289, libro 129, folio 17. Urbano. Nave industrial, de planta baixa sita na parcela P-52 do Polígono Industrial de Vilalba. Ocupa a superficie total construída de setecentos vinte e tres metros cadrados e ocupa no terreo setecentos vinte e tres metros cadrados. Ref. catastral 8564517 PH0986 S0001 RA. Titularidade: Grúas El Astillero, S.L., 100 % do pleno dominio por título de compravenda e obra nova.

226.226,70

70.094,33

156.132,37

1.000,00

Lote 5. Único

Predio 26260. Urbano. Almacén-estacionamento sito no edificio da rúa Diego Pazos, 89, na vila de Sarria. Ocupa a superficie de trinta e dous metros cadrados. Ref. catastral 0281702 PH3308 S0042 MW. Titularidade: Francisco Javier López Somoza, 100 % de propiedade.

7.027,48

Sen cargas

7.027,48

100,00

Lote 6.1

Predio 52.941. Tomo 1024, libro 585, folio 114. Urbano. Local comercial, na planta baixa da casa sinalada co número 18 da estrada de Ombreiro, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de douscentos nove metros e cincuenta e seis decímetros cadrados. Ref. catastral 6934907 PH1663 S0003 EB. Titularidade: Mercedes Núñez Arias, núa propiedade con carácter privativo, por título de doazón.

256.029,93

56.326,58

199.703,35

1.000,00

Lote 6.2

Predio 52.967. Tomo 1792, libro 1353, folio 92. Urbano. Piso sétimo da casa sinalada co número 18 na estrada de Ombreiro, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de oitenta e nove metros e noventa e cinco decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo inseparable o rocho na planta faiado. Ref. catastral 6934907 PH1663 S0014 AT. Titularidade: Mercedes Núñez Arias, pleno dominio por título de doazón. Sentenza 388 Xulgado Primeira Instancia número 6, de demolición de construción sobre terraza.

157.228,58

Sen cargas

157.228,58

1.000,00

Lote 6.3

Predio 75.444. Tomo 1864, libro 1425, folio 197. Urbano. Piso, quinto centro, ou letra B, no edificio sito na rúa Azalea facendo esquina coa rúa Río Ulla. Ocupa a superficie útil de oitenta e seis metros e vinte e catro decímetros cadrados. Ref. catastral 6934916 PH1663 S0034 PL. Titularidade: Mercedes Núñez Arias, núa propiedade por título de apartación.

146.823,60

70.588,61

76.234,99

1.000,00

Lote 6.4

Predio 116.218 N. Tomo 1779, libro 1340, folio 168. Urbano. Local comercial, en parte da planta baixa do edificio sinalado co número 10, da rúa Álvaro Gil e números 61-63-65, da rúa Dona Urraca na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de cincocentos dez metros e trinta decímetros cadrados. Titularidade: Mercedes Núñez Arias, núa propiedade por título de apartación.

217.571,51

47.865,73

169.705,77

1.000,00

Lote 7. Único

Predio 20.256. Tomo 613, libro 225, folio 139. Urbano. Vivenda, sita na quinta planta alta do edificio sinalado co número 7 da rúa Inés de Castro, na vila de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie construída de cen metros cadrados. Ref. catastral 2388216 PH2028 N0008 KX. Titularidade: José Antonio Rodríguez Rodríguez, 100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

74.232,00

24.930,02

49.301,99

400,00

Lote 8. Único

Predio 13.424. Tomo 720, libro 129, folio 219. Urbano. Local, na planta baixa, porta B no edificio da rúa Valle Inclan, 8, no Saviñao. Ocupa a superficie de 13,10 metros cadrados. Ref. catastral 1612804 PH1111 S0003 SP. Titularidade: Trinidad Trenas Martín, 100 % pleno dominio por título de compravenda con carácter ganancial.

10.197,00

12.576,46

10.197,00

100,00

Lote 9.1

Predio 7830. Tomo 1754, libro 1315, folio 184. Urbano. Casa, sinalada co número 1 da rúa do Miño na cidade de Lugo. Consta de planta baixa, dous pisos altos e faiado e ocupa a superficie, co patio que lle é adherente pola parte posterior, de oitenta metros cadrados. Titularidade: Xaime da Pena Ceide, pleno dominio con carácter privativo.

377.050,00

27.532,62

349.517,38

2.000,00

Lote 9.2

Predio 59.406. Tomo 1266, libro 827, folio 93. Urbano, que é o resto da parcela do predio denominado Dos Loureiros, na cidade de Lugo, da superficie de cincocentos corenta e tres metros e trinta decímetros cadrados; en cuxa superficie se inclúe a dunha casa de planta baixa e piso alto, que ocupa cento trinta e dous metros cadrados, construída en pedra e cuberta de madeira e laxa, que dá ao Carril dos Loureiros, sen número. Titularidade: Xaime da Pena Ceide, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compra.

770.531,94

69.258,24

701.273,70

2.000,00

Lote 9.3

Predio 49.682 N. Tomo 992, libro 553, folio 123. Urbano. Piso primeiro do edificio sito na rúa da Raíña, 5, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída de cento dez metros cadrados. Ref. catastral 7832010 PH1673D0007 TX. Titularidade: Xaime da Pena Ceide, con carácter ganancial, por título de compra.

231.244,20

81.322,73

149.921,47

1.000,00

Lote 9.4

Predio 93.708. Tomo 2213, libro 2213, folio 70. Urbano. Vivenda, na cuarta planta, porta dereita do edificio sito na rúa Orzán, 123, na cidade da Coruña. Ocupa a superficie útil de corenta e dous metros e corenta e sete decímetros cadrados. Titularidade: Xaime da Pena Ceide, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compra.

125.333,22

116.385,77

8.947,45

200,00

Lote 10.1

Predio 1190. Tomo 627, libro 28, folio 43. Urbano. Casa en estado ruinoso sita no lugar da Casilla da parroquia de Présaras, no municipio de Vilasantar. Formada por planta baixa e alta duns corenta metros cadrados. Unida a ela pola zona leste e sur, ten un terreo A inculto de cincocentos catorce metros cadrados. Titularidade: Antonio Carlos Carballo Gayoso, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de adxudicación en poxa xudicial.

129.524,07

Sen cargas

129.524,07

1.000,00

Lote 10.2

Predio 13.186. Urbano, sita no lugar de Brión, Buño, municipio de Malpica de Bergantiños. Parcela cun único inmoble que ocupa a superficie construída de douscentos cincuenta e seis metros cadrados e composta de planta baixa, planta primeira e planta baixa. Ref. catastral 9904104 NH1990 S0001 FQ. Titularidade: Antonio Carlos Carballo Gayoso, pleno dominio por título de compravenda.

198.822,21

Sen cargas

198.822,21

1.000,00

Lote 10.3

Predio 27.760. Tomo 469, libro 208, folio 200. Urbano. Eido da Cerqueira, terreo de novecentos corenta e cinco metros cadrados sobre o cal se construíu unha vivenda unifamiliar no Camiño de Muíño Porto, 29, barrio da Costeira, parroquia de Quintela, municipio de Redondela. Composta de planta baixa e primeira cunha superficie construída total de douscentos vinte e un metros con setenta e sete decímetros cadrados. Ref. catastral 36045A029002290000 WI. Titularidade: Antonio Carlos Carballo Gayoso, ⅔ partes indivisas do pleno dominio e ⅓ parte indivisa da núa propiedade, con carácter privativo por título de herdanza.

219.281,71

24.120,99

195.160,72

1.000,00

Lote 11.1

Predio 22.666. Tomo 1435, libro 996, folio 14. Urbano. Conxunto formado por unha porción de soto, de setenta e dous metros cadrados e pola planta baixa ou primeira da superficie de cento trinta e nove metros cadrados que, en conxunto, ten a superficie de douscentos once metros cadrados, sito na rúa Ancares, 48, na cidade de Lugo. Titularidade: José Javier Torres Fernández, pleno dominio, por título de compravenda, con carácter privativo.

126.816,25

50.608,20

76.208,05

1.000,00

Lote 11.2

Predio 81.351 N. Tomo 1243, libro 804, folio 67. Urbano. Local comercial, na planta baixa ou primeira da casa sinalada co número 42 na rúa Serra de Ancares da cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de oitenta e catro metros cadrados. Correspóndelle como anexo unha porción de terreo na parte traseira que mide corenta e dous metros cadrados aproximadamente. Titularidade: José Javier Torres Fernández, pleno dominio, por título de compra.

65.024,40

43.915,78

21.108,62

200,00

Lote 11.3

½ Predio 93.205 N. Tomo 1372, libro 933, folio 221. Urbano. Vivenda, na entreplanta da casa sinalada co número 20, na rúa Río Navia, esquina rúa do Prado, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de noventa metros cadrados. Titularidade: José Javier Torres Fernández, metade indivisa, por título de compra.

54.590,62

87.665,04

4.956,13

200,00

Lote 12. Único

300 participacións da sociedade Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., con CIF B27455278, que representan o 100 % do capital social.

30.000,00

Sen cargas

30.000,00

400,00

Lote 13.1

Predio 52.084 N. Tomo 1007, libro 568, folio 119. Urbano. Vivenda, tipo I na planta terceira alta do edificio con fronte á rúa das Flores, denominado edificio San Pedro na rúa das Flores e Montero Ríos na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de setenta e tres metros e noventa e catro decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho na planta de semisoto e sinalado con 3º I. Titularidade: María Boizán Rego, metade indivisa con carácter privativo por título de compra. Ref. catastral 8233039 PH1683 S01131 IG.

80.181,78

19.081,57

61.100,21

400,00

Lote 13.2

Predio 51.922 N. Tomo 1007, libro 568, folio 38. Urbano. Praza de garaxe, sinalada co número 35 na planta de semisoto do edificio denominado San Pedro na rúa das Flores e Montero Ríos na cidade de Lugo. Titularidade: María Boizán Rego, metade indivisa con carácter privativo por título de compra. Ref. catastral 8233039 PH1683 S0035 ZT.

7.556,62

12.727,20

7.556,62

200,00

Lote 13.3

Predio 7047-33 G. Tomo 1696, libro 167, folio 181. Urbano. Praza de garaxe, sinalada co número 33 na planta de semisoto do edificio sito na avenida Xeneral Sanjurjo, 234-236, na cidade da Coruña. Titularidade: María Boizán Rego, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compra.

5.730,31

Sen cargas

5.730,31

200,00

Lote 14. Único

Predio 29.765. Tomo 718, libro 289, folio 103. Urbano. Vivenda, piso primeiro A no edificio da praza da Estación, s/n, na vila de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie de oitenta e oito metros e corenta decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o trasteiro na planta baixo cuberta e sinalado coa clave T-1. Titularidade: Eloy Penas López, 100 % da núa propiedade con carácter ganancial.

72.800,29

28.140,45

44.659,84

400,00

Lote 15.1

Predio 6615. Tomo 430, libro 65, folio 125. Urbano. Vivenda, piso primeiro A no edificio sito na rúa Benigno Quiroga, 47-49, na Pobra de San Xiao, municipio de Láncara. Ocupa a superficie útil de setenta e catro metros e noventa decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho sinalado co número 6 na planta baixo cuberta. Ref. catastral 7072506 PH2477 S0005 AIRE. Titularidade: José Antonio Vázquez Pérez, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compra.

54.319,16

27.569,72

26.749,44

200,00

Lote 15.2

Predio 6836. Tomo 452, libro 67, folio 146. Urbano. Cortiña do Campo, a labradío secaño pechado sobre si e sito en Ariz, parroquia da Pobra de San Xiao, municipio de Láncara. Ocupa a superficie duns cinco mil setecentos noventa e sete metros con sete decímetros cadrados. Ref. catastral 27026A003000540001 XY. Titularidade: José Antonio Vázquez Pérez, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de achega.

142.372,81

Sen cargas

142.372,81

1.000,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30 baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos quince (15) días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, e poderá adxudicar os bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 18 de xuño de 2018

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado de Lugo e presidente da mesa