Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización dos servizos de dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 8/2018 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=279888

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71200000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 152.609,17 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 152.609,17 €. Importe total: 184.657,10 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 29.6.2018.

c) Adxudicatario: Pardo Pérez, José Luis.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 120.000,00 €. Importe total con IVE: 145.200,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda