O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/M/2017/00359 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás interesadas.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ANEXO
|
Expediente Número recurso Matrícula |
Recorrente |
Infracción cometida Datos da denuncia: Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto infrinxido |
Sanción imposta |
Resolución do recurso |
|
XC-03346-I-2015 RA/M/2017/00359 4006DWG |
Arias Logística y Transporte, S.L. |
A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten, total ou parcialmente, o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas. 21.12.2015 |
Art. 140.12 LOTT |
4.001,00 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |
|
XC-04563-O-2015 RA/M/2017/00379 0848CPT |
Arias Logística y Transporte, S.L. |
O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 10.11.2015; 16.05; A6; 547,0 |
Art. 140.23 LOTT |
2.001,00 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |
|
XC-04455-O-2014 RA/M/2017/00459 2688-DPY |
Arias Logística y Transporte, S.L. |
A utilización dunha mesma folla de rexistro dos tempos de condución e descanso por un período de tempo superior ao que corresponda, cando dese lugar a unha superposición de rexistros que impida a súa lectura. 17.7.2014; 10.50; NVI; 580,0 |
Art. 140.25 LOTT |
1.001,00 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |
|
XC-02415-O-2015 RA/M/2017/00467 2385GCP |
Arias Logística y Transporte, S.L. |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. 17.4.2015; 12.45; AG64; 4,1 |
Art. 140.35 LOTT |
1.001,00 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |


