Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselles saber que dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego de Ourense, A Ponte, localizada na rúa San Francisco Blanco, 2, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.
Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Ourense, 3 de xullo de 2018
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: 45142524X/23/04/2018/2.1.E.
Nome: Christian Ortiz Moncho.
Concello: Ourense.
Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.
Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a Christian Ortiz Moncho, con NIE/NIF 45142524X, a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.
Expediente: 44490548S/03/04/2018/2.1.E.
Nome: Diana María Moreira Guede.
Concello: Ourense.
Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.
Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a Diana María Moreira Guede, con NIE/NIF 44490548S, a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.


