De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedan condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado ás persoas interesadas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas dispoñen do prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportunas ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírtese que, de non facelo, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.
A Coruña, 4 de xullo de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Asunto |
Solicitante |
Concello |
Data de resolución |
|
TR341D-2015/000370-1 |
Acordo de inicio |
María Fernanda Pena Moreno |
Narón |
7 de xuño de 2018 |
|
TR341D-2015/001795-1 |
Acordo de inicio |
Borja Abeijón Saíñas |
Santiago de Compostela |
7 de xuño de 2018 |
|
TR341D-2015/002318-1 |
Acordo de inicio |
Gimena Leticia Torres |
A Coruña |
7 de xuño de 2018 |


