Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 25 de xuño de 2018, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente S-P-37.17).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou, o 3 de abril de 2018, resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único indicado. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Advírtese que, de acordo co contido da dita resolución que impón sanción de multa á persoa interesada, se poderá interpoñer recurso de alzada contra ela no prazo dun mes que se contará a partir da data en que a notificación se entenda producida.

No caso de que non se interpoña recurso, a resolución sancionadora devirá firme e executiva.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Expediente: S-P-37.17, información previa VI-PO-092.15. Pontevedra.

Feito imputado: realización de obras non autorizadas nun alpendre situado dentro do contorno de protección da igrexa de San Bartolomeu de Seixido, no termo municipal da Lama.

Afectado: Manuel Moreira Cota.

Último domicilio coñecido de la persona interesada: A Lama.

Acto notificado: Resolución do 3 de abril de 2018 que impón sanción de multa e obriga de reposición.

Prazo para interpoñer recurso: un mes.