Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación en 4 lotes e 255 sublotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da concesión de servizos de 255 cafetarías escolares desta consellería durante o curso 2018/19, coa reserva do sublote 3 dentro do lote 3 a centros especiais de emprego.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) As consultas relacionadas cos pregos dirixiranse ao Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

Para dúbidas relacionadas cos pregos, condicións xerais da contratación e adxudicación, teléfonos 881 99 51 88/981 54 44 61 e fax 981 54 54 43.

2) As consultas relacionadas co desenvolvemento da licitación dirixiranse á xefatura territorial correspondente, para as dúbidas relacionadas coa recepción das ofertas e o desenvolvemento das mesas de contratación.

A Coruña: teléfono 981 18 47 45/981 18 47 30; fax 981 18 46 29.

Lugo: teléfono 982 29 49 55/982 29 41 90; fax 982 29 49 57.

Ourense: teléfono 988 38 66 53/988 38 66 54; fax 988 38 66 00.

Pontevedra: teléfono 986 80 59 05/986 80 59 06; fax 986 80 59 37.

As consultas relacionadas coa situación e coas características das instalacións das cafetarías dirixiranse a cada un dos centros educativos.

3) Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224

4) Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión de servizos públicos.

b) Descrición: concesión de cafetarías escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: catro (4) lotes e 255 sublotes definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), coa reserva do sublote 3 dentro do lote 3 a centros especiais de emprego.

d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o remate do curso escolar 2018/19.

f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar ata o remate do curso escolar 2019/20.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 11 do PCAP.

4. Orzamento da licitación. Importe neto: esta licitación non supón custo económico para a consellería, segundo se describe na cláusula 5 do PCAP.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: non.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e solvencia técnica: as especificadas na cláusula 7 do PCAP.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións terminará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no perfil do contratante. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax, segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

b) Lugar de presentación:

Segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

8. Apertura dos sobres B.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224, con dous días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura do sobre B. Se por algún motivo teñen que modificarse a data e a hora do acto público de apertura do sobre B, a nova data publicarase no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224

9. Gastos de publicidade: serán por conta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

10. Outros: condición especial de execución: de conformidade co establecido no número 14.1 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria