Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34017

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2018 pola que se fai público o acordo de delegación de competencias do presidente na dirección desta entidade.

O 22 de xuño de 2018 a Presidencia da EPE Portos de Galicia acordou delegar parcialmente na dirección da entidade pública empresarial a competencia prevista no artigo 12.3.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia.

En virtude do acordo citado delégase na dirección por motivos de axilidade de xestión de expedientes, a competencia para outorgar todas as autorizacións relativas ao uso temporal de prazas de atracada en instalacións náutico-deportivas dependentes de Portos de Galicia.

Esta delegación parcial de competencia axústase ao previsto no artigo 12.3.i) da Lei 6/2017, que atribúe á Presidencia a competencia de conferir as delegacións de competencias que xulgue oportunas, e observa as limitacións previstas no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia