Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34036

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (362/2014 ).

Patricia Raposo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidad de Propietarios Garaje Urbanización Boa Vila Bloque C e Comunidad Propietarios Urbanización Boa Vila Bloque C fronte a Cristina Fernández Anllo, Francisco José García Blanco, Arturo Dapena Barros, Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., José Hermo Túñez, Fernando Gallego Otero e Ignacio Hermo Túñez ditouse sentenza número 108/17 do 30.6.2017 cuxa resolución literal é a seguinte:

«Sentenza 108/2017.

Pontevedra, 30 de xuño de 2017.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario 362/2014 promovido pola Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Bloque C e a Comunidade de Propietarios de Urbanización Boa Vila Garajes Bloque C, representadas pola procuradora Sra. Santa Cecilia Escudero e asistida polo letrado Sr. Cons Mella, contra Obras y Edificaciones Boa Vista, S.L., en situación de rebeldía procesual, e contra Cristina Fernández Anllo, Francisco José García Blanco e Fernando Gallego Otero, representados polo procurador Sr. Cid García e asistidos polo letrado Sr. Estarque Moreno; e contra Arturo Dapena Barros, Ignacio Hermo Túñez e José Ángel Hermo Túñez, representados pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández e asistidos polo letrado Sr. Martín Menor.

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Santa Cecilia Escudero en nome e representación da Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Bloque C e a Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Garajes Bloque C, contra Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., Cristina Fernández Anllo, Francisco José García Blanco, Fernando Gallego Otero, Arturo Dapena Barros, Ignacio Hermo Túñez e José Ángel Hermo Túñez no sentido seguinte:

Desestimo a demanda fronte a Cristina Fernández Anllo, Francisco José García Blanco, Fernando Gallego Otero, Arturo Dapena Barros, Ignacio Hermo Túñez e José Ángel Hermo Túñez, aos que absolvo das pretensións deducidas fronte a eles.

Estimo parcialmente a demanda fronte a Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L. a aboar á Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Bloque C e á Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Garajes Bloque C a cantidade de 20.611,97 euros, máis os xuros do artigo 576 da LAC desde a data desta resolución.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade, con excepción das causadas a Cristina Fernández Anllo, Francisco José García Blanco, Fernando Gallego Otero, Arturo Dapena Barros, Ignacio Hermo Túñez e José Ángel Hermo Túñez, as que se impoñen á Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Bloque C e á Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Garajes Bloque C.

Notifíquese a presente resolución ás partes, coa advertencia de que fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E encontrándose dito demandando, Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 11 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza