Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de información pública da aprobación definitiva do estudo de detalle por iniciativa particular.

O Pleno na sesión ordinaria do 7 de xuño de 2018 por unanimidade dos dez concelleiros asistentes á sesión adoptou, entre outros, o seguinte acordo, do que se publica a parte dispositiva:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle contido no documento «Estudo de detalle para o reaxuste de alineacións e condicións da edificación de uso residencial intensiva bloque compacto. Situación rda. de Pontevedra, nº 1 (esquina con rúa Melide Di Lugano)». Promotor: José Barreiro Sánchez, DNI 76492110K, data marzo 2016. Doutor arquitecto: Santiago Muñiz Gómez, colegiado 1411 COAG, aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local na sesión do día 2 de decembro de 2016, para desenvolver as normas subsidiarias de planeamento municipal de Melide, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, na reunión celebrada o día 7 de abril de 1994 e publicadas no BOP nº 150, do 2 de xullo, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Comunicar o acordo de aprobación definitiva á consellería competente en materia de urbanismo á vez que se lle dará traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Publicar, no prazo dun mes desde a súa adopción, o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que integran o estudo de detalle, así como o seu índice de planos, no Boletín Oficial da provincia. No dito anuncio farase constar a remisión da documentación á consellería competente.

Quinto. Facultar a Alcaldía para subscribir e asinar toda clase de documentos e en xeral para todo o relacionado con este asunto.

A remisión da documentación á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, realizouse o día 11.7.2018, co número de rexistro de saída 510.

Este anuncio tamén se publica co texto dos documentos que integran o estudo de detalle, así como o seu índice de planos, no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello (enderezo: https://sede.concellodemelide.org/gl/).

Melide, 11 de xullo de 2018

Dalia García Couso
Alcaldesa