Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de informe ambiental de actividade.

Hormigones Bascuas Lugo, S.L. solicita desta alcaldía, informe ambiental de actividade para planta dosificadora de formigón, para situar no polígono industrial A Areeira, polígono 1, parcela 1.5.4, Outeiro de Rei, cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poida examinar o expediente na secretaría deste concello a persoa que, dalgún modo, se considere afectada pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 27 de xuño de 2018

José Pardo Lombao
Alcalde