Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo integral de helicópteros, técnicos coordinadores e técnicos analistas con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2018 e 2019 (expediente 13/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e técnicos analistas de imaxes e vídeos en tempo real, con destino a prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais os anos 2018 e 2019. Supón a dispoñibilidade de helicópteros e técnicos coordinadores durante 276 días, cun total de 450 horas de voo contratadas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=277360

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 1 de marzo de 2018, BOE do 9 de marzo de 2018 e DOG do 21 de marzo de 2018.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.086.000,00 € (IVE exento).

Valor estimado: 1.166.911,60 €.

5. Financiamento: fondos propios da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 16 de maio de 2018.

b) Adxudicatarias: UTE Babcock MCS Galicia, S.L., Babcock MCS España, S.A.U., Consultoría Natutecnia, S.L.U., número 2.

c) Importe: 1.086.000,00 €, exento de IVE.

d) Data de formalización do contrato: 19 de xuño de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural