Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 22 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das resolucións. Advírtese que, de non facelo así, se terán por notificados.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social ante esta xefatura territorial, no prazo dos trinta días (30) seguintes á data da súa notificación, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 22 de xuño de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A.

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución e data

Fernández González, Victor Manuel

*****365C

3600328-I/05

Extinción 24.4.2018

Pérez Viturro, Francisco

*****796S

3600352-I/09

Extinción 24.4.2018

Cid Fernández, Aaron

*****993H

3600246-I/10

Extinción 18.4.2018

Pérez Extremadouro, José Carlos

*****754D

3600674-I/16

Denegación 24.5.2018

Procedemento BS650G.

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución e data

Licer Venta, Elisa

*****911D

3600073-X/08

Extinción 19.3.2018

Iglesias Prieto, Alfonso Luis

*****153W

3600583-X/11

Extinción 16.5.2018