Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2175/1989, competencia desta xefatura territorial.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial ás persoas interesadas citadas no anexo, no último domicilio, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícaselle ás ditas persoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución. Advírtese que, de non facerse así, se terán por notificadas.

Así mesmo, advírtese que contra a dita resolución poderán presentar, no prazo dun mes a partir do seguinte á notificación, un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 21 de xuño de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

Nº expte.

Resolución

Data da resolución

Herdeiros de Mirón Rey, Marina

2175/1989

Extinción

5.6.2018