Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34782

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da Policía Local dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2018 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao segundo semestre do ano 2018, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 10 de xullo de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que de producirse esta situación, os/as interesados deberan comunicalo a Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano a contar dende o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitira diploma algún do mesmo.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando a mesma veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de quedar prazas vacantes, poderán acceder aos cursos, persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reservase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matricula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de atoparse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir a Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación: (non será preciso, se tal documentación xa consta en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias especificas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formación.agasp@xunta.gal) ou de acordo co establecido no artigo 16 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 7 de setembro de 2018 desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5 por solicitante.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar en outros curso durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo de que para cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para seren destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así coma un número adecuado de reservas, con polo menos, 5 días antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica, todos aqueles que non figuren na relación, non foron seleccionadas, ben por que ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas, ben por que foron excluídas por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto nos artigos 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Agasp resérvase o dereito de solicitar os concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo/a xefe/a do corpo da policía local do concello no que traballe ou persoa responsable deste.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberá quedar acreditado, suficientemente os motivos destes e que se coñeceron con posterioridade a solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que se convoquen polo servizo de formación en Seguridade Pública da Agasp e nas que a persoa figurase como posible destinataria destas, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que cando menos teñan a mesma carga horaria, do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e en ningún caso poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o servizo de formación en Seguridade Pública, poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso, para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo ningún.

Sexta. Certificación

1. Para poder superar os cursos, o alumnado, deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao remate destes, naqueles cursos que sexan de aproveitamento.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Horas

Prazas

Data comezo

Data remate

 

Tráfico e seguridade viaria

181177

O vehículo: documentación e identificación

25

20

19.11.2018

21.11.2018

171178

Fraude nas tarxetas para persoas con discapacidade. Nivel 3

20

8

9.10.2018

9.10.2018

171179

Delincuencia viaria: prevención e reeducación. Nivel 2

25

20

15.10.2018

17.10.2018

171180

Instrucción de atestados de tráfico. Nivel 1

20

12

22.10.2018

23.10.2018

181181

Básicos de transportes. Nivel 1

25

20

29.10.2018

31.10.2018

181182

Transporte de animais. Nivel 2

25

4

9.11.2018

9.11.2018

181183

Transporte de produtos perecedoiros. Nivel 2

25

4

16.11.2018

16.11.2018

181184

Transporte de mercancías perigosas. Nivel 2

25

4

23.11.2018

23.11.2018

181185

Trasnsporte de menores. Nivel 2

25

4

30.11.2018

30.11.2018

 

Policía comunitaria. Policía de proximidade

181186

Policía comunitaria

16

16

24.10.2018

25.10.2018

181187

Personalizar habilidades: ferramentas de aplicación xudicial

15

32

29.10.2018

14.11.2018

181189

Criminal Profiling

25

20

19.11.2018

21.11.2018

 

Policía administrativa

181190

Análise policial da nova normativa en materia de protección do benestar animal

25

8

17.9.2018

17.9.2018

181191

Inspección policial en establecementos públicos

25

12

27.9.2018

28.9.2018

181192

Nocións básicas de dereito civil

25

8

3.12.2018

3.12.2018

181193

Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

25

8

4.12.2018

4.12.2018

181194

Uso proporcional da forzas polas FFCC

25

12

1.10.2018

2.10.2018

181195

Agresións sexuais. 1ª actuación coa vitima

25

12

10.12.2018

11.12.2018

181196

Medio natural: verteduras e residuos

25

8

19.9.2018

19.9.2018

181197

Medio natural: urbanismo

25

8

5.11.2018

5.11.2018

181198

Prevención do acoso á mocidade na internet. O ciberbullyng

25

12

18.10.2018

19.10.2018

 

Violencia de xénero

181199

Primeira actuación da policía ante a un suposto de violencia de xénero

25

12

20.9.2018

21.9.2018

181200

Instruccón de dilixencias por violencia de xénero

25

12

27.9.2018

28.9.2018

181201

Intervención co home maltratador

25

12

3.10.2018

4.10.2018

181202

Trata de seres humanos

25

8

12.12.2018

12.12.2018

 

O terrorismo xihadista

181203

Coordinación coas FFCC do estado: primeira actuación actuación. Incidentes AMOK

20

8

3.10.2018

3.10.2018

181204

Coordinación coas FFCC do estado: primeira actuación actuación. Incidentes AMOK

20

8

10.10.2018

10.10.2018

181205

Coordinación coas FFCC do estado: primeira actuación actuación. Incidentes AMOK

20

8

24.10.2018

24.10.2018

181206

Intelixencia no ámbito local contra o terrorismo xihadista

20

8

6.11.2018

6.11.2018

 

Táctica policial

181207

Rexistros en espazos pechados

16

12

13.11.2018

14.11.2018

181208

Rexistros e cacheos na vía pública

16

8

2.10.2018

4.10.2018

181209

Intervención en lugares confinados

16

20

16.10.2018

25.10.2018

181201

Krav Maga

20

8

25.10.2018

27.10.2018

 

Utilización medios de dotación policial

181211

Manexo do bastón policial

16

20

2.10.2018

11.10.2018

181212

Manexo do inmobilizador electrónico*

16

8

26.11.2018

26.11.2018

181213

Tiro defensivo policial en contorno urbano

16

16

3.10.2018

4.10.2018

181214

Técnicas de tiro en binomio

12

10

25.10.2018

26.10.2018

 

Área técnica

181215

Linguaxe de signos

16

16

8.11.2018

29.11.2018

181223

Socorrismo con roupa posta

25

8

12.12.2018

12.12.2018

181216

Socorrismo con roupa posta

25

8

13.12.2018

13.12.2018

181217

Seguridade e autoprotección en contornos acuáticos

16

16

24.9.2018

25.9.2018

181218

Condución en condicions climatóloxicas adversas

12

12

27.11.2018

28.11.2018

181219

Inglés básico en comunicacións de emerxencia

25

8

26.9.2018

26.9.2018

181220

Condución 4×4

16

16

8.10.2018

9.10.2018

181221

Rastexo visual de incendiarios

20

25

11.10.2018

25.10.2018

181222

Técnicas de apertura aplicadas á labor policial

25

20

21.11.2018

23.11.2018

* Terán preferencia o alumnado procedente de concellos que acrediten a posesión do inmobilizador electrónico.