Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34794

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2018 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0.

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG núm. 245, do 28 de decembro) publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0, e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2018, por trámite anticipado de gasto.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á convocatoria de axudas IG239.2.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes da convocatoria IG239.2 cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda, segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.

Terceiro. Establécese un prazo de dez (10) días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 12.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que o solicitante desiste na súa petición e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG239.2018.2.2

Unión de Cooperativas, Asociación Galega Cooperativas Agrarias (Agaca)

F15156557

IG239.2018.2.3

Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar)

G94116993

IG239.2018.2.4

Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG239.2018.2.5

Agestic

G15924400

IG239.2018.2.6

Anfaco

G36625309

IG239.2018.2.8

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774