Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/545-1, no concello de Abegondo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT O Asadiño, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/545-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 12 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/545-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT, CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT O Asadiño.

Concello: Abegondo.

Predio

Titularidade proposta

Data de ocupación

4/1

Descoñecida

30.7.2018

7

Descoñecida

30.7.2018