Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza en seis centros de formación e experimentación agroforestal (CFEA) (expediente 14/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos centros de formación e experimentación agroforestal (CFEA) de Guísamo, Sergude, Becerreá, Monforte de Lemos, Ribadeo (Pedro Murias) e de Lourizán, da Consellería do Medio Rural.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283453

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 46, do 6 de marzo de 2018.

e) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 108.721,00 €, IVE (21 %): 22.831,41 €. Importe total: 131.552,41 €.

Valor estimado: 217.442,00 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 31 de marzo de 2018.

b) Adxudicataria: Limpiezas Compostela, S.L.

c) Importe: 115.434,00 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 3 de xullo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi o único licitador admitido e a súa oferta cumpre as exixencias técnicas obrigatorias que establece o prego de prescricións técnicas

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural