Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35017

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de xullo de 2018 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante Orde do 30 de xaneiro de 2017 (DOG do 8 de febreiro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013, establece que son membros natos do consello social o reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela remite a Resolución reitoral do 5 de xuño de 2018 pola que se nomea a Dulce María García Mella como secretaria xeral da dita universidade en substitución de María Consuelo Ferreiro Regueiro e a Resolución reitoral do 14 de xuño de 2018 pola que se nomea a Antonio Javier Ferreira Fernández como xerente da dita universidade en substitución de José Manuel Villanueva Prieto.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Dulce María García Mella, secretaria xeral da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de María Consuelo Ferreiro Regueiro.

Artigo 2

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Antonio Javier Ferreira Fernández, xerente da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de José Manuel Villanueva Prieto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria