Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35019

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xullo de 2018 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Orde do 10 de novembro de 2016 (DOG do 13 de decembro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013, establece que son membros natos do consello social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O Consello Social da Universidade de Vigo remite a Resolución reitoral do 8 de xuño de 2018 pola que se nomea a Miguel Ángel Michinel Álvarez como secretario xeral da dita universidade en substitución de Gloria María Pena Urís e a Resolución reitoral do 5 de xullo de 2018 pola que se nomea a Raquel María Souto García como xerente da dita universidade en substitución de Manuel Fernández Jáuregui.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Vigo a Miguel Ángel Michinel Álvarez, secretario xeral da Universidade de Vigo, en substitución de Gloria María Pena Urís.

Artigo 2

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Vigo a Raquel María Souto García, xerente da Universidade de Vigo, en substitución de Manuel Fernández Jáuregui.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria