Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 221/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 221/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elvira Bello Vilas contra Gestio Illahotels, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza de data 29 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, vinte e nove de xuño de dous mil dezaoito.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente despedimento/cesamentos en xeral 221/2018 por instancia de Elvira Bello Vilas contra Gestio Illahotels, S.L., Fogasa, en nome do rei, pronunciou a seguinte

Sentenza 333/2018.

Decisión:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola representación procesual da parte demandante fronte á demandada e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente o traballador/a nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, se é o caso, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela, de 2.205,63 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,56 euros/día.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza