Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización, por procedemento aberto multicriterio, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, cofinanciadas con Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores), mediante contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 59/2016.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=72675

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros da Residencia de Tempo Libre do Carballiño, cofinanciadas con Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 4 favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores, prioridade de investimento 3, obxectivo específico 4.3.1 mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos, actuación 1 (CPA: 41.00.3, 43.32, 43.34.2), (CPV: 45000000-7, 45223000-6, 45223000-7, 45223110-0).

c) División por lotes: non.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 212, do 8 de novembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 229.131,15 €. IVE: 48.117,54 €. Importe total: 277.248,69 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2017.

c) Contratista: Petrolam Infraestructuras, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 170.290,27 €. IVE: 35.760,96 €. Importe total: 206.051,23 €.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social