Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 246/2008, do 23 de outubro (DOG nº 216, do 6 de novembro), o seguinte:

Primeiro. Con data do 11 de xullo de 2018, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas).

Segundo. O acordo de concentración seralle notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Castro Caldelas e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. De conformidade co disposto polo artigo 36 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, no prazo dun mes, contado de data a data e desde o día seguinte ao da notificación individual, poderá vostede interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural.

Os recursos poderanse presentar no Rexistro da Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo; no Rexistro Xeral da Consellería do Medio Rural, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela ou en calquera das dependencias a que fan referencia os artigos 121, 122 e concordantes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os planos do acordo están accesibles na internet, na páxina web da Consellería do Medio Rural, no enderezo:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions

Ourense, 16 de xullo de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense