A titularidade do centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor, do Porriño, solicita o cambio da denominación específica do centro polo de Aceesca, así como o cambio da denominación da súa titularidade.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modifícase a denominación específica do centro e a denominación da súa titularidade, que queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: Centro privado de educación especial (Ceepr).
Denominación específica: Aceesca.
Código do centro: 36017031.
Domicilio: Torneiros, A Ribeira, 24 A-B.
Localidade: O Porriño.
Concello: 36410 O Porriño.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Aceesca, Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual.
Composición resultante:
4 unidades de educación especial (plurideficientes).
3 unidades de educación especial (autistas).
1 unidade de educación especial (psíquicos).
Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria