A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Vigo, de Redondela, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de formación profesional básica (FPB) en Servizos Comerciais.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización de ensinanzas
Autorizar a implantación do ciclo formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.
Denominación específica: Vigo.
Código do centro: 36018033.
Domicilio: Rande, A Formiga, s/n.
Localidade: Redondela.
Concello: Redondela.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Sociedad Mercantil Colegio Vigo, S.A.
Composición resultante:
• Educación infantil: 3 unidades.
• Educación primaria: 6 unidades.
• Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.
• Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias; Humanidades e Ciencias Sociais.
• Formación profesional:
1 ciclo formativo de FPB en Servizos Comerciais (2 unidades, 20 alumnos/as unidade).
1 ciclo formativo de FPB en Mantemento de Vehículos (2 unidades, 20 alumnos/as unidade).
1 CM Actividades Comerciais (2 unidades, 30 alumnos/as unidade).
1 CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles (2 unidades, 30 alumnos/as unidade).
1 CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades, 20 alumnos/as unidade).
Quenda de tarde-noite:
Educación básica para persoas adultas:
• Ensinanzas básicas iniciais.
• Educación secundaria para persoas adultas.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria