Antecedentes:
O pasado 4 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Anuncio do 14 de decembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.
Unha vez rematado o período de información pública e a raíz do estudo e análise das alegacións presentadas, reformulouse parte do proxecto construtivo considerado e, por tanto, modificouse tamén o contido da referida separata en consonancia cos cambios realizados no documento do proxecto, polo que agora se somete de novo ao trámite de información pública.
Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06. O ámbito de actuación sitúase na estrada PO-331, pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia, que atravesa o concello de Gondomar, nas parroquias de Zamáns e Vincios.
Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para reducir e evitar, na medida do posible, a siniestralidade no treito comprendido entre os p.q. 11+200 e 14+600, mellorando a seguridade viaria nas zonas onde se concentran os accidentes, todo isto levando a cabo certas intervencións, como a reordenación de interseccións nas principais zonas onde se concentran os accidentes, así como a creación de carrís adicionais, tanto centrais como laterais, para o cal se precisa realizar alargas da plataforma en puntos concretos, pero mantendo a xeometría actual.
As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:
– Acondicionamento de interseccións, eliminación dalgúns xiros de escasa visibilidade, execución de cuñas e ramais de incorporación, habilitación de rotondas e carrís de espera.
– Mellora da seguridade nos pasos de peóns na travesía de Vincios, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade.
– Adaptación da sinalización horizontal e vertical.
– Mellora do balizamento e defensas do treito.
Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.
Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Gondomar (praza Doutor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo da separata para información pública.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción.
Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600. Clave PO/17/137.06.
Concello de Gondomar.
Nº |
Referencia catastral |
Titular |
Tipo |
Situación |
Sup. expropiar (m²) |
Ben 1 |
Ben 2 |
1 |
2866301NG2626N |
Comunidade de Montes en Man Común de Vincios |
Rural |
Agrario |
580 |
||
2 |
2663101NG2626S |
Otero Rodríguez, Plácido |
Urbanizado |
Solo sen edificar |
4 |
6 m peche granito |
|
3 |
2459401NG2625N |
González Alonso, José |
Urbanizado |
Residencial |
13 |
9 m peche granito |
|
4 |
2460913NG2626S |
Bernárdez Lusquiños, Luisa e Rodríguez Álvarez, Delio |
Urbanizado |
Residencial |
49 |
31 m peche bloque |
1 traslado portal dúas follas |
5 |
2459804NG2625N |
Alonso Leiras, Manuel e Lameiro López, Mónica Pilar |
Urbanizado |
Residencial |
7 |
4 m peche bloque e celosía |
|
6 |
2256521NG2625N |
Alonso Fenández, Rosalía |
Urbanizado |
Residencial |
57 |
12 m peche bloque |
|
7 |
2256520NG2625N |
Piñeiro Rodríguez, Isolina e Rodríguez Lorenzo, Estrella |
Urbanizado |
Residencial |
258 |
||
8 |
2456310NG2625N |
Comesaña Comesaña, Serafín |
Urbanizado |
Residencial |
33 |
9 m peche bloque e celosía |
1 traslado portal dúas follas |