Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal ao interesado, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, examinada a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito presentada de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio o emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere procedentes, durante un prazo de quince días dende a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.
Ourense, 10 de xullo de 2018
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado |
DNI/equivalente |
OU-2012/00109 |
Betty Fabiola Pintos Ramírez |
****3107 |