De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 6 de xullo de 2018
A xefa territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 19.7.2016)
Patricia Olveira Timiraos
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado pola |
ANP-CO-0034/2018-V |
Camilo Xosé Fernández Barreiro |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0036/2018-V |
Brais Franqueira Vázquez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0043/2018-V |
Dolores Jiménez Montoya |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0045/2018-V |
María Isabel Cendán Bellas |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0048/2018-V |
Débora Monteiro Rojo |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0049/2018-V |
José Javier Pouso Martínez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0061/2018-V |
Inocencio Jiménez Jiménez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0063/2018-V |
Víctor Manuel Díaz Sánchez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0007/2018-V |
David Lueiro Nogaredo |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0020/2018-V |
Sabela Fátima Moar Martínez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |