Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración mediante a modalidade de arrendamento financeiro (renting) de sete vehículos para o uso da Axencia Turismo de Galicia, mediante tramitación ordinaria, procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 7 de marzo de 2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: arrendamento financeiro (renting) de vehículos para el uso da Axencia Turismo de Galicia.

O número de vehículos afectos ao arrendamento financeiro é de sete (7), segundo a desagregación:

Lote 1. Vehículo - gran turismo: 1 vehículo.

Lote 2. Vehículo - turismo: 3 vehículos.

Lote 3. Vehículo todo terreo 4×4: 3 vehículos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Importe sen IVE 40.800,00 €. Importe IVE (21 %) 8.568,00 €. Total 49.368,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE 108.000,00 €. Importe IVE (21 %) 22.680,00 €. Total 130.680,00 €.

Lote 3. Importe sen IVE 111.600,00 €. Importe IVE (21 %) 23.436,00 €. Total 135.036,00 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído) 315.084,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1. 12 de xuño de 2018.

Lote 2. 12 de xuño de 2018.

Lote 3. 12 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1. 13 de xullo de 2018.

Lote 2. 13 de xullo de 2018.

Lote 3. 13 de xullo de 2018.

c) Adxudicatario:

Lote 1. Autos Iglesias, S.L.

Lote 2. Empresa Monforte, S.A.U.

Lote 3. Empresa Monforte, S.A.U.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe sen IVE: 31.008,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 69.408,00 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 79.200,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018

A directora da Axencia Turismo de Galicia
Por ausencia (Artigo 19.6 Decreto 196/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia