Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36497

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

ANUNCIO de oferta de emprego temporal.

O Craega anuncia a convocatoria de praza de responsable de promoción.

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir posto temporal de responsable de promoción.

Segundo. Terán acceso a cubrir a praza titulados/as nos seguintes graos: Ciencias Sociais, do Comportamento, da Comunicación, Administración, Traballo e Dereito. Preferentemente con coñecementos en administración, márketing e informática. Valorarase experiencia en tarefas de promoción e comunicación, dominio de inglés e outros idiomas, dispoñibilidade para viaxar, carné de conducir e vehículo propio.

Terceiro. As solicitudes, xunto con el curriculum vitae, poderanse remitir, no prazo de dez días desde a publicación deste anuncio, por correo electrónico a seleccion@craega.es.

Monforte de Lemos, 30 de xullo de 2018

Francisco López Valladares
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia