Intentada a notificación persoal e ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta resolución, notifícaselle ao interesado a resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.
Advírteselle ao interesado que contra a resolución, a cal esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpor un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018
Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
ANEXO
Expediente |
Nome e apelidos |
DNI |
CED 26/2017 |
Roberto Álvarez Méndez |
34969242L |