No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 129, do 7 de xuño de 2018, foi publicada resolución número 18003488, do 2 de maio de 2018, relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o proceso selectivo para a cobertura de:
1 praza de técnico/a; escala: Administración xeral; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 14 de xuño de 2018
A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016,
modificado polo Decreto 18003431, do 26.4.2018)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de
Desenvolvemento Sostible e Persoal